sábado, 10 de octubre de 2009

SOCRATES Y TUI 2ª parte



Este blog, es colaborador de Levada Libre un colectivo fundado el 9 de abril de 2008 y
entre sus principios programáticos están:
A liberdade das ideas e a súa defensa
A reconciliación nun fin común da Paz
A recuperación da memória histórica
A defensa dos principios democráticos é o estado de dereito.
Una chica integrante del grupo, a la que admiramos por su trabajo y tesón en recuperar la memória histórica en Tui, me

Fotografía:
Benito Prieto y alumnos-obreros en el taller de
esculpido

envía este cuento, como le llama ella, para que lo publique este
blog , y que dice así:


“Fronte a fronte no fondo do Miño: Sócrates e Calvo Sotelo

“Aínda que Sócrates e Calvo Sotelo pertenceran a tempos históricos ben distintos e discreparan na súa ideoloxía, ambos personaxes tiveron un punto en común ben interesante. Nós non lles mentiriamos se lles aseguramos que ambos tiveron moitas posibilidades de atoparse fronte a fronte no fondo do río Miño. ¿Non nos cren? Ímoslles a contar unha historia.

O conto comeza no ano 1936. Como moitos de vostedes saben o 18 de xullo de 1936 as topas militares sublévanse en Marrocos e arrinca en España unha guerra cruenta, como son todas as guerras, onde irmáns loitaban contra irmáns e o libre pensamento era considerado un crime. Os dun bando chamábanlles os roxos e os doutro falanxistas ou franquistas. A cousa foi que despois de moitas voltas, os últimos impuxéronse os primeiros e lles arrebataron o poder lexítimo que o pobo lles concedera nas urnas. Dende 1936 ata o 1939, o exército liderado polo xeral Franco fíxose cos gobernos das cidades e dos pobos de toda España. Concretamente, en Tui entraron o 26 de xullo de 1936, despois de que un día antes heroicamente obreiros, carabineros e cidadáns fixéranlle fronte os falanxistas, os militares, os franquistas o as tropas de Pontevedra na volta da Moura. Porén, as escopetas de caza e os aparellos das hortas pouco podían facer contra a sofisticada artillería patrocinada polo goberno alemán e italiano, polo que o día seguinte romperon a barreira e entraron na cidade.

Unha das primeiras cousas que fixeron os militares foi prender os cidadáns máis representativos da cidade. Nalgúns casos non importaba incluso que comulgaran co catolicismo se as súas ideas eran de esquerda ou ben se había afrontas ou envexas persoais sen resolver. Aquelas xentes ilustres e progresistas eran os encargados de conducir a Tui á modernidade, polo que os prenderon e lles fixeron xuízos sumarísimos onde un tribunal militar xulgounos polo desenvolvemento dunha actividade no seu tempo lexítima. A sentencia era implacable. Morte para aqueles que actuaban en contra do réxime (un réxime que non existía, un réxime que se impuxo a forza). Disque aqueles que queiman libros matan homes. Daquela queimáronse moitos libros.

A cultura era outro dos obxectivos que o réxime franquista pretendía destruír e, ademais de libros, o pobo roxo tiña outros símbolos que reflectían a súa identidade. Un deles eran as esculturas. Disque nuns xardíns que había en Tui erguíase un busto de Sócrates. Dito busto fixérase no instituto de Tui a cargo do mestre D. Benito Prieto Coussent. De feito, o artista fixera cos seus alumnos un busto de Sócrates e outro de Valle Inclán (agora ubicado no monte da Curota). Os militares, eran da opinión de que Sócrates era un pensador crítico, polo tanto inimigo do réxime, e como fusilar xa non o podían fusilar pensaron en afogalo. A cousa foi que botaron o busto de Sócrates ás augas do Miño e a día de hoxe parece que aínda non se atopou a tan ilustre personaxe.


Despois da guerra veu a represión. Unha longa dictadura e unha delicada transición. No 78 chegou a democracia, e con ela, a pluralidade de partidos e de cores. A liberdade de expresión. Internet e o acceso instantáneo a información. Os tempos mudaron e os que antes eran mozos e loitaban pola liberdade foron gardando na antesala da súa memoria o contido dunhas vivencias das cales non lles pracía falar. A verdade, era como se aqueles cruentos acontecementos non aconteceran. A xente gardaba silencio ante o tema da guerra civil e os libros da escola seica acadaban a recoller tan so uns cantos parágrafos inconexos de aqueles acontecementos acaecidos no ano 1936.

Maila todo, cos novos tempos tamén viñeron novas leis, como por exemplo a da memoria histórica, que pretendía restituír a memoria das vítimas e, entre outras cousas, recollía a obrigatoriedade de retirar dos espacios públicos tódolos símbolos do franquismo. Pois ben, resulta que en Tui, na mesma sede do concello, había un busto de Calvo Sotelo. Estaba alí no seu pedestal e por moito que se pedía a súa retirada co obxecto de facer cumprir a lei, as autoridades facían caso omiso das peticións. Non había maneira, ata que un día comezou a circular un vídeo por internet. Uns rapaces, a pleno luz do día, entraron no concello, meteron o busto de Calvo Sotelo nunca bolsa de deporte e levárono a un taller onde cunha radial trataron de esnaquizalo. Todos quedamos un pouco alucinados coas formas. Houbo moita polémica coa cuestión. Algúns falaban de que si o Franco a cabalo do Ferrol tiña o seu espacio nun museo, o busto de Calvo Sotelo debería correr a mesma sorte, porén Calvo Sotelo fíxose de rogar, e por non irse no seu tempo, acabou como acabou. E todos o deron por perdido.

Pero mira como son as cousas que non acabou aí o conto. O pouco saíu unha noticia nos xornais que nos fixo relacionar a Sócrates con Calvo Sotelo. O feito foi que o busto deste último foi atopado por un pescador portugués mentres fanaba nas augas do Miño. Esto ven probar que os bustos de Sócrates e Calvo Sotelo percorreron as profundidades da nosa fronteira, con moitas posibilidades de atoparse fronte a fronte e falar das súas penurias históricas. Así é que o busto de Calvo Sotelo foi recuperado e restituído o seu pedestal e o de Sócrates segue desaparecido. Nós, ante estes feitos quedamos un pouco abrallados, e, de cando en vez, por se as moscas, botamos a cana ó Miño por ver se temos sorte e rescatamos a Sócrates de ser afundido pola historia tudense.”

O proximo dia 29 de octubro, Levada Libre, vai dedicar na programación das xornadas sobre da Recuperación da Memoria Histórica, unha conferencia coloquio que versará sobre o tema “Recuperación do busto de Sócrates, fetio polo profesor Benito Prieto Coussent e o seus alumnos”. Proxección do documental sobre a sua vida e obra pictórica.

1 comentario:

elblogdesuso dijo...

Muy interesante. Yo añadiría nombrar que Calvo Sotelo todavía tiene una estatua bien grande en Tui. Con unas pintadas bastante feas encima, que no dicen nada a favor de quien las hizo.
Por otra parte hay una calle popularmente llamada "Corredera", que los fachas rebautizaron como "Paseo de Calvo Sotelo", y unos cuantos ignorantes rebautizaron de nuevo como "Corredoira" (aunque por suerte esta denominación todavía no es oficial)