domingo, 2 de enero de 2011

2011 REIVINDICAR A D. FAUSTINO REY ROMERO







Atopei este manuscrito de 1951, de D. Faustino, antes de embarcar para América.
Carta dirixida a súa amiga e tamén poetísa, Luz Pozo Garra, donde lle manda, así mesmo, un poema, " A roseira, nai da rosa ", o primeiro dos cinco sonetos titulados "Destino dunha rosa" escritos polo noso querido poeta.

Na fotografía aparece D. Faustino xunto con Alvaro Cuenqueiro e uns amigos


Quero que o primeiro escrito deste ano 2011, estea dedicado ao noso querido D. Faustino Rey Romero. Que a súa obra literaria sexa premiada pola Rel Academia Galega,
dedicandolle un "Día das Letras Galegas". Sería unha gran ilusión para todos os tudenses, rianxeiros e demáis galegos.
Súmome ao colectivo tudense "Levada Libre", para canalizar oficialmente esta petición a Real Academia Galega, reivindicando, como digo, que un "17 de maio", sexa o seu día, como homenaxe a toda súa laboura literaria na nosa lingoa nai.
Para elo, contamos tanto en Tui, como en Rianxo e outras localidades da nosa terra, con numerosas asociacions, colectivos e estamentos oficiais que nos dan o seu apoio.

¡Comenzamos xa!

Dende aquí, ireivos informando de como vai indo, e os resultados que obtemos.

Que este 2011 sexa de bo proveito para todos nos.

No hay comentarios: