Padrón, portero del R.C. CELTA
Por
estas terras da antiga Erizana, nestes días que van do verán,
pásamos de todo: O maior accidente ferroviario. Non digamos a
política e alguns políticos cos seus adláteres . O tempo
anda
como anda. Leo periódicos e libros, paseo por terra e por mar. Ás
doce hora solar, celebramos o “anxelus” con albariño e co seu
picho de rigor no Refuxio de Antón.
Diredes:
¡vaia vida, leva este! Pois, non, fáltame algo. É ese algo , son
os partidos do noso Celta. Fáltame ese estado anímico sulfuroso
cando perde, esa adrenalina que se produce cando está gañando, e
prolongase ata que pitan o final do partido.
Todo
eso, pensaredes, que é pueril, pois será, pero... o voto de menos.
E pregúntome mouriñadamente: Pur qué?....
POR
QUÉ SON DO CELTA.
Polos
anos cincuenta, sedo aínda adolescente, vivía na Capital do Reino,
ou mellor dito na Capital do Caudillo, “ santo barón , gran
reserva espiritual do occidente.”
Dende
o “Lado Escuro” estaba mediatizado, daquela a todos nos
mediatizaban. Sentía as cores, mellor dito a cor, do gran equipo de
fútbol da Capital, normal, moraba a un tiro de pedra do estadio
Bernabeu. Iamos os xoves pola tarde, naquel tempo non era lectivo, a
ver os adestramentos do Real Madrid , aquel dos Di Stéfano, Gento,
Rial, Alonso, Marquitos,Santiesteban, Lesmes... Todos os nenos do
colexio e do barrio eramos madridistas.
Pero
eu, un neno de dez anos, chegado dende una aldea galega a un mundo
tan diferente, saíame , dun lugar do meu interior, da alma, penso,
unha manifestación de amor innato polo Celtiña
que non sei explicalo. Pois así era, un día que viu xogar o Celta
a Madrid, acentúose máis ese amor, e como era pequeniño e un
furafollas, metinme a pedirlle un autógrafo a Padrón, porteiro do
Celta. Sentín unha ledicia que me embargaba; tíveno gardado nunha
caixiña como un dos máis prezados tesouros.
Xa
pasaron moitos anos, e agora sesentón, na “sesalencencia”,
pregúntome por qué segue este amor polo Celta?
Porque
o amor ao Celta ENGUEDÉLLATE,
como os amores primeiros.
Porque
é un amor ANAINANTE,
palabra que usaba Cunqueiro cando quería explicar as sensacións que
lle producía ao beber, no Baixo Miño, aquela mistura de albariño,
treixadura, loureiro e torrontés. É a sensación que sente unha nai
cando agarima ao seu meniño... Anainante.
Porque
o Celta forma parte do FEITO
DIFERENCIAL DA GALEGUIDADE,
as súas cores
fórmanse
alá no horizonte infinito, onde se funden os azules e os brancos
,dando lugar ao CELESTE, a cor da galeguidade
universal.
Por
isto, e por outras cousas máis, síntome celtista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario