MARÍA
En Ribadelouro, como cada 25 de xullo, celébranse as festas en honor a Santa María Madalena, que é tan santiña e milagreira que xa Rosa a da Costa, chámalle a Santísima Virxe da Madalena.
A xente folgaba polo adro e o torreiro das festas, esperando o concerto da música, e botar un pasodobre. Os rapaciños seguíanlle o ritmo, pegados aos pantalóns dos seus pais, ata que estes non lles soltaran as perras para os caramelos.
De súpeto, soou un forte estoupido, con un son diferente. Non eran de foguetes. Eran de morteiros. Había xa un día que circulaba o ruxe-ruxe de que ían pasar as tropas.
algunas balas perdidas se empotraban en las viviendasDesde este mismo lugar, las tropas franquistas,como jinetes apocalipticos,van a tomar el último reducto de libertad.
O sancristán, coma un lóstrego, subiu ao campanario a tocar arrebato con toda a súa vehemencia para que a xente acudise a toda presa a igrexa. Desde a Volta da Moura, rebotaban as balas na copa e no xubo das campás, e nalgunha fachada das casas. A xente non sabía qué facer, estaba confusa. Pero sempre nestas situacións, xurde un Moisés.
Formaron unha asemblea a requirimento do Delegado do Sindicato Agrario, para que en petit comité, organizarse a situación.
Ás seis da tarde, cando desde a Volta da Moura viñan malas novas dicindo que as cousas púñanse peor, acordaron coller as súas pertenzas máis imprescindibles, para pasar a noite nos lugares do monte da Costa da Oia, xa coñecidos, que serviron de refuxio desde tempos pasados.
Unha
hora despois, emprenderon, a senda do pobo hebreo,cara ao monte.
MARÍA, un muller, con tres fillos de nove, sete e tres anos. Unha muller galega, sufrida, traballadora que superou todas as adversidades da vida dunha viúva dos vivos. A ela, elixírona para organizar a subida ao monte.
Mentres subían lentamente a irmá de María dixo: Onte, soñei con cabalos, con cabalos, que tiñan grandes patas negras, que rechinaban os dentes entre escuma vermella. Fíxose un silencio … (María quedou pensativa ante o soño da súa irmá).
Con todos os seus aveños para pasar a noite, van camiñando monte arriba.
Tras recorrer 3 km. atopan a PEDRA GALIÑA, é un grupo de penedos con diversas formas. Hai un que ten forma de galiña agochada, de aí o seu nome. E os outros son covas que servían de refuxio aos animais, aos cazadores, e para outros menesteres.
O entorno, é un lugar idílico. Desde aquí divísase: O Val da Louriña até o final do curso do río Louro… A Serra da Peneda… O Paradanta, e máis alá, en donde hoxe levantan o voo os paxaros metálicos.
Panorama desde Pedra Galiña do Val da Louriña
A noitiña, xa non se escoitaban, regularmente os sons das balas. Algunha que outra cara a Tui.
O día 26, foi o máis movido. As tropas tomaron Tui.
Algúns
baixaron ás súas casas a recoller algo de comida e roupa de abrigo,
mentres que a maioría das mulleres, xente maior e nenos marcharon á
zona de Paredes, a Cruz
do Outeiro, O Foxo e O NIÑO DO BUFO. Aquí refuxiouse María cos seus e con outros veciños. O lugar era o máis grande, cabían sobre 12 persoas.
Camino desde Paredes para ir y subir o Niño do Bufo,una pequeña cueva,en el monte que va al Aloya
Había moito rebulicio naquela tarde-noite. A xente da zona de Albelos, e Guillarei, trataban de pasar cara o Monte Aloia.
No NIÑO DO BUFO, pola noite, apareceron un grupo de oito veciños de Guillarei, viñan escapados, sen nada posto, e sen nada que poñer, como se di.
MARÍA, solidaria como era, improvisou e repartiu entre todos o que ela tiña, o da súa familia e a comida especial que preparara con tanto mimo para celebrar, coma cada ano, a festa da Madalena. Como sempre dicía, na súa casa nunca faltaba unha “fecha”.
O día seguinte por Ribadelouro fíxose a calma. A xente volvía para as súas casas. Pero en Tui, e sobre todo máis ao sur, empezaba: El baile de muertos. La polvora de la mañana…
LUGARES… QUÉ LUGARES… Gabinete Caligari
Hai lugares por esta zona, emblemáticos pola súa historia, polo seu valor xeográfico, etnográfico, cultural e sentimental.
PEDRA GALIÑA: está ameazada ca súa destrución pola explotación das canteiras de pedra de granito ( xa están a poucos metros as trincheras). Recentemente foi destruída outra pedra veciña das máis emblemáticas :A CAMA DA MADALENA, moi coñecida na zona de Ribadelouro-Rebordáns. Foi refuxio de fuxidos, e de ser o lugar donde namoraba San Telmo coa Madalena, según manifestan os veciños destes lugares, e sonche moi sabios, que alí nunha cama de pedra que había no seu interior, segundo conta a "pía lenda que se gardaba nos anales da xa desaparecida igrexa románica do s. XII de Ribadelouro".
Cada lugar tiña o seu nome, a súa identidade e o seu porqué.
Cómo pode ser que pola ambición, a incultura e a falta de regulación administrativa, se perdese un monumento da natureza que durante séculos gardaron os nosos devanceiros con tanto cariño e esforzo. Cómo pode ser que un ilustrado o ilustrados, co seu último modelo de Carterpillar, poña final a estos monumentos que a Natureza nos doou.
Se por desgraza algunha vez no se cumpre...
Que
chamen ao sancristán e que toque a arrebato, alí
estará gritando MARÍA ,Maria a
A tu memoria.
Javier Rodríguez Vázquez (nieto político)
1 comentario:
¡Que pena que a toponimia dos nosos povos, todas elas cheas de historias e de lendas, se vaian esquecendo!Con elas morren e vanse a riqueza cultural da historia das modas aldeas
Publicar un comentario