ROSALIA A NOSA NAI E SEÑORA
Nesta nova entrada quero adicala ó día das Letras Galegas de este ano 2022,
escrita pois, no noso idioma galego.
Hoxe, para un galego, celebramos o feito diferencial, o
que máis nos distingue como pobo: O Idioma.
O ser galego, e ter un idioma, un feito
de comunicarnos, e manifestar a súa galeguidade.
¡ Qué grandeza ! Poder expresarse en galego, tan musical,
tan anainante.
¡ GALICIA ! Quizás sexa un vocablo tan expresivo
que emana por si,saudade, amor, cariño. Falar con
un son da montaña, do val,da mariña ou da miña
aldea.
O léxico que adeprendemos na casa,o do meu pai,
os dos agarimos da miña nai, do avó ¡qué podemos
dicir dos avos! ... os do tio Manuel e da tia Rosa.
Fomos modificando co tempo as costumes e tamén
a fala, todas as verbas levámonas no ADN e no
corazón. ¡ Verbas fermosas!
Quizás o vocablo Galiza, a outra forma de designar
a nosa patria, para min, sexa unha forma, dura sin
musicalidade, nin dulce, nin femenina, como expresa
M.Hernandez en su poesía: Gallegos de lluvia y calma.
Creio que para muitos de nos que vivimos dentro da
normalidade non encontramos neste vocablo respostas.
Queremos que GALICIA fose un sentimento universal,
de todos.
O noso idioma:
Hai muitas formas de comunicarnos e de interactuar con
resto da humanidade.Temos que ofrecerlles o noso idioma
antergo, nacido alá nos Bardos das Idades, cheo de poesía.
O ben máis preciado, que podes ofrece a todo mundo mundial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario